twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)

Naviera Mar de Ons comeza a espabilar


Despois de tantos anos sendo a única alternativa, o único barco de Cangas a Vigo ou Moaña,  había moitas "malas prácticas" que os de Naviera Mar de Ons seguían mantendo:
  • Bonos dun mes que caducan
  • Non se poden utilizar os domingos ou fins de semana
  • Un billete de ida e volta tes que utilizalo no mesmo día
  • etc.
Fai uns meses suspendeu o servicio entre Moaña e Vigo ante a suposta falta de rendibilidade, todo ante múltiples protestas e mobilizacións.

A empresa Nabia tomou o relevo desta liña, ocupando o lugar que deixou baleiro Mar de Ons. Pero Nabia non se quere quedar ahí, moi probablente tamén Nabia ofrecerá o servicio entre Cangas e Vigo (noticia no faro, noticia na voz.


Ante estas noticias hoxe, ó renovar o meu bono de transporte, me informaron algúns cambios:

  • Os bonos deixan de caducar.
  • Pódense utilizar domingos e festivos
Nada como verlle as orellas ó lobo e que chegue a competencia pra que fagan melloras. Unha boa media, espero que continúen a ofrecer máis melloras, senon pronto perderán clientes fronte a nova naviera...

Foto dos barcos: dipity

3 comentarios:

Anônimo disse...

Facendo apoloxia do liberalismo economico..... xD

Borja

Breixo disse...

jeje neste caso venme ben a competencia ;P ad+ e un bo xeito de q aument o uso do transp publico, so falta q comecen a baixar os prezos...

zegers disse...

Iso, iso, que baixen o precio!!! é unha boa noticia que teñan competencia :)

Postar um comentário

Anímate a comentar, é gratis! ;)