twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)
Mostrando postagens com marcador reflexions. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador reflexions. Mostrar todas as postagens

Naviera Mar de Ons comeza a espabilar


Despois de tantos anos sendo a única alternativa, o único barco de Cangas a Vigo ou Moaña,  había moitas "malas prácticas" que os de Naviera Mar de Ons seguían mantendo:
  • Bonos dun mes que caducan
  • Non se poden utilizar os domingos ou fins de semana
  • Un billete de ida e volta tes que utilizalo no mesmo día
  • etc.
Fai uns meses suspendeu o servicio entre Moaña e Vigo ante a suposta falta de rendibilidade, todo ante múltiples protestas e mobilizacións.

A empresa Nabia tomou o relevo desta liña, ocupando o lugar que deixou baleiro Mar de Ons. Pero Nabia non se quere quedar ahí, moi probablente tamén Nabia ofrecerá o servicio entre Cangas e Vigo (noticia no faro, noticia na voz.


Ante estas noticias hoxe, ó renovar o meu bono de transporte, me informaron algúns cambios:

  • Os bonos deixan de caducar.
  • Pódense utilizar domingos e festivos
Nada como verlle as orellas ó lobo e que chegue a competencia pra que fagan melloras. Unha boa media, espero que continúen a ofrecer máis melloras, senon pronto perderán clientes fronte a nova naviera...

Foto dos barcos: dipity

Manda carallo! Que pasiensia de Carlos Callón e que "obxetividade" da TVG

Supostamente é unha entrevista na que o entrevistador Carlos Luis Rodriguez pregunta a Carlos Callón (presidente d'A Mesa). Sen embargo, trátase dunha clara agresión do entrevistador: non deixa falar a Callón, sesga as preguntas, córtao cando está a dar datos...

Por exemplo, empeza a entrevista falando da manifestación do aborto?? Parece máis un "cara a cara" que unha entrevista. Acaba de haber unha manifestación de entre 50.000 e 100.000 galegos a favor do uso do galego e o entrevistador pretende dicir que se manipulou a xente pra que fose como ó Ministro Caamaño.

PD: por certo, hai un grupo no Facebook que pide o cesamento do entrevistador Carlos Luis Rodriguez con máis de 750 usuarios.

Via Vieiros: Estupor na rede pola entrevista a Carlos Callón na TVG.

Éxito da manifestación "Queremos Galego"




O domingo 18 de outubro entre 50.000 (cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas.

Os medios de comunicación públicos do noso país (a Radio Galega e maila Televisión de Galicia) non ofreceron unha información veraz que se axustase á realidade do verdadeiro impacto que tivo a mobilización, que contou cun resultado histórico en participación. Nese senso é preciso denunciar a obscena manipulación que por parte dos Servizos Informativos da TVG se quería levar a cabo, pretendendo iniciar unha conexión en directo coa manifestación, no momento xusto en que a primeira lectura do manifesto rematara, e as xentes que ateigaban a Praza da Quintana ían abandonándoa paulatinamente para permitir a entrada dos milleiros de persoas que inda non puideran entrar, e que agardaban nas Praza das Praterías e os seus arredores, e que finalmente encheron por segunda vez a Quintana. É evidente que a distorsión informativa tiña a intencionalidade de ofrecer unha imaxe minorizada dunha mobilización masiva, nun intento claro de manipulación que os milleiros de persoas presentes contestaron berrando, durante preto de dez minutos e con notábel indignación, a consigna "Televisión, manipulación", o que provocou que o equipo da TVG abandonase a praza.


Fronte a esa situación é preciso denunciar e difundir publicamente o acontecido, ao tempo que esixir que os medios de comunicación que pagamos todas e todos os galegos, deixen de ser un instrumento para a deformación interesada, cando non para a propaganda, en beneficio do Partido Popular no goberno do país.

Galerías de imaxes:
http://www.anosaterra.org/nova/35944/fotogaleria-i-da-manifestacion-de-queremos-galego.html
http://www.anosaterra.org/nova/35948/fotogaleria-2-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35949/fotogaleria-3-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35950/fotogaleria-4-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35951/fotogaleria-5-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35952/fotogaleria-6-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35953/fotogaleria-7-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35954/fotogaleria-8-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35955/fotogaleria-9-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35956/fotogaleria-10-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
Via Blogues pola lingua e Queremos Galego

Queremos Galego


O galego non é cousa de política. O galego é “a lingua propia de Galicia” (Art. 5 do Estatuto de Autonomía. ¿Por qué se engana dicindo que se impón o galego? ¿Acaso algún neno neste país non sabe castelán?

"Algúns están enganando os demais. Cando falan de "bilingüismo cordial" o que están a defender é o "monolingüismo cordial", isto é, que uns falen castelán e outros galego. Aquí os únicos que son bilingües son os galegofalantes. A día de hoxe non hai ninguén que fale galego que non saiba falar en castelán, mais non todos os que falan castelán saben falar galego. O que está claro é que cada un é moi libre de falar o que lle dea a gana. Isto non quita que haxa que facer un currículo escolar á carta dos pais".
por Adolfo de Abel Vilela (ex-membro da Alianza Popular, antigo PP).

¿Por qué Breikso?

- KS -

1º Breixo.blogspot.com está ocupado (inda que non o usan..).

2º Breikso: básicamente porque teño escoitado a moitísimos non galegos pronunciar o meu nome deste xeito. O x soando como ks, como éxito /éksito/, examen /eksamen/, Breixo /breikso/...

Incluso durante o tempo que estiven en Cardiff moitos leían o meu nome dese xeito, por muito que despois eu lle explicase que se pronunciaba como o seu "sh" Breixo /breisho/...

Se ó final decido continuar con este blog seguramente mercarei un dominio, tan só costan 6€/ano.