twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)
Mostrando postagens com marcador promocions. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador promocions. Mostrar todas as postagens

Sorteo: regalo dun móbil dual sim

sorteo dual sim
Como moitos de vos sabedes administro unha páxina sobre móviles dual sim. Nesta ocasión unha tenda contactou comigo para patrocinar o sorteo dun móbil.

Para participar só fan falta dúas cousas:
  1. Contestar este formulario
  2. Deixar unha mensaxe neste fio do foro
¿O mellor de todo? Que non será o único sorteo, xusto ó rematar este sorteo comezará outro patrocinado por outra tenda!
¿Por qué regalan móbiles? Home, a cousa está clara: eles fanse ver, reciben visitas e coa mesma venden algo máis (outra forma de facer publicidade). E eu encantado porque tamén aumento visitas e consigo que a miña web crezca algo máis ;)

Pizzas GRATIS

Hai pouco Pizza Móvil comezou unha campaña para introducirse nas redes sociais (Facebook e Twitter). Regalan unhas cantas pizzas gratis (entre 100 e 150) con só meterse no seu grupo de facebook e deixar un comentario.

Se queredes unha pizza gratis só tendes que seguir as Bases da promoción:
É tan fácil como deixar unha mensaxe!

PD: aínda estades a tempo de conseguir pizzas gratis...

Outono Gastronomico: casas rural de Galicia a bo prezo

Para que despois digades que non informo de ofertas. Do 15 de setembro ao 15 de decembro de 2009 se celebra o 3º OUTONO GASTRONOMICO para promocionar as casas rurais de Galicia.

¿En qué consiste?
Hay varias ofertas, a máis interesante é o "Paquete Outono Gastronómico": comida + aloxamento + almorzo = 50€/persoa.



Hai máis de 100 casas dentro da promoción, moitas delas costa máis de 50€ só durmir...
Botádelle un ollo ós menús ;)



PD: aproveitando que Laura ten un examen de oposición en Silleda este domingo ás 10.30, o sábado durmiremos nunha casa rural d'A Estrada, así hai que madrugar menos pra chegar jeje.