Voilá! Ese será o recorrido aproximado que faremos nesta ponte (de hoxe venres a martes 8).
1700km aprox, pouca cousa :P (clic na imaxe ou
aquí pra ver o recorrido)
Durmiremos en Burgos, Gernika, Bilbao e Avilés e faremos visitas express ós puntos marcados no mapa. Por suposto, en Euskadi iremos de pintxos que por algo son famosos.
Esta é unha visita que me apetecía facer hai tempo, moitas viaxes polo extranxeiro pero a Península Ibérica está bastante olvidada. O que me queda pena é non pasar máis días en Asturies, pero iso xa pra outra escapada.
Á volta prometo subir algunha foto ;)