A GALICOLA: Sabor para a túa lingua.
Inda que o poida parecer, non é unha montaxe.
Trátase da alternativa galega á Coca-Cola que comezou a distribuir unha empresa galega.
Polo que leín en Vieiros: "A iniciativa non ten carácter lucrativo, polo que todos os beneficios que se xeren, descontados os gastos de produción e distribución, irán para a asociacións que traballen a prol da normalización do galego. Ademais, o 5% dos ingresos brutos destinaranse a este fin a través dun “fondo polo galego”.
Unha alternativa moi interesante que se una ós muitos competidores "localistas" que ten a compañía norteamericana: Mecca Cola, Arab Cola, Breizh Cola... Ou a curiosa Coca Sek, creada pola comunidade indixena Nasa en Colombia, comercializada a finais de 2005 a bebida feita a base de follas de coca (prohibiron a súa distribución 2 anos despois...).
Máis información:
Galicola.org
PD: se queres vender Galicola no teu bar contacta con eles a través do correo: info@galicola.org
Comeza a semana
Há um ano
1 comentarios:
POis unha moi boa iniciativa, sep.
Postar um comentário
Anímate a comentar, é gratis! ;)