twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)
Mostrando postagens com marcador actividades. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador actividades. Mostrar todas as postagens

Ghaiteirada sideral o sábado


O sábado 28 de novembro, a partir das 22.00 horas na Tiradoura en Cangas hai un recital e foliada contra a violencia machista organizado por Adiante e as Redes Escarlata.

Se queredes participar, estaremos encantadas de que veñades.

Avisade a ghaiteira/os, pandereteira/os, bailadora/os e demais para que se arme unha boa!!!

Mañá concerto de Fito en Vigo


Mañá sábado concerto a iso das 20.30 no IFEVI (Vigo). Xa pillamos as entradas hai unhas semanas e alí estaremos.

Esperemos que non se lle vaia demasiado a mandíbula (que xa me teñen contado de amigos que o teñen visto en directo algo pasado...)

VIII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.

VIII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.
VIII Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.
  
O vindeiro sábado 14 de Novembro, festa rachada e convivencia astur-galaica no Retrouso de Samil (Vigo). Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras que nos botarán a beillar e a troulear deica o nacer do día.

          Programa.
-20,00h. Recibimento no Retrouso de Samil (Vigo), mesmo a carón da bolera.

-21,00h. Cea-confraternización a base de produtos do país (cumprido cocido galego, bo viño da terra, postre, café con “jotas e muiñeiras”...).


-23,30h. Actuación dos grupos de pandereteiras:
-Pandereteres de Nerbia (Salas ya Tinéu-Asturies).
-Tanxedoras do Pandeiro (Vigo-Galiza).

-Ao remate, festa rachada deica a alborada (cando menos!!).

          Inscricións para a cea.
-Enviar datos persoais (nome e apelidos, teléfono, e-mail de contacto) e xeito de pagamento elixido (en conta ou en man o propio día) antes do día 10 de Novembro ao enderezo electrónico:
         
          Prezos e pagamento.
-Cea máis concertos: 23 Euros.
-Só concertos (abónase na entrada): 3 Euros.

Máis información en xuntanza_transeu@hotmail.com, ou no teléfono 657 209 731 (Guillerme).

Magosto e Foliada dos cativos en Bueu


Este sábado 7 de novembro Retrouso organiza no centro de Bueu, baixo carpa, a primeira Foliada dos Cativos. Empezará ás 17.30h da tarde, ao lado da praza de abastos de Bueu.

Haberá magosto popular e escenario con equipo de son aberto á libre participación.

Coa Foliada dos Cativos a idea é ofrecer un punto de encontro e unha oportunidade para que toquen e bailen os máis pequenos: que suban ao escenario, que fagan súa a festa, que vexan que outros rapaces e rapazas tamén tocan e bailan, que compartan os seus gustos.

Por suposto, o escenario tamén estará aberto para os adultos, pero dando prioridade aos máis novos, mentres comen unhas castañas.

O Concello de Bueu colabora coa iniciativa, inserida no marco das Festas de San Martiño.

Centrolinguas








A semana pasada comecei a ir a clases de portugués. Hai quen me preguntou "por qué?" e a resposta é moi simple: é tan fácil aprendelo, nunca está demais e queda moi ben no currículum (unha mágoa non aprendelo!).

Teño escoitado moitos comentarios de xente que conseguiu o seu posto de traballo gracias a saber galego, simplemente por que o posto era de "responsable para a Peninsula Iberica".

O curso está ofrecido polo Centrolinguas da Universidade de Vigo en colaboración co Instituto Camões de Vigo. 45horas lectivas, luns e mércores de 18.30 a 20.20 (dáme pra coller o barco jeje).

O curso en concreto é o "Curso de portugués básico", un curso cuatrimestral, igual pro segundo cuatrimestre comezo o nivel intermedio ;)

25 aniversario de Lembranzas da Ría

Mañá actuación, alí estarei pra beillar unha peza. Pero sobretodo pra pasalo ben na cea ;)
Texto de presentación Lembranzas da Ría:


No ano 2009 cúmprense 25 anos dende a creación da asociación cultural Lembranzas da Ría (1984-2009). Por este motivo, dende a Asociación quérese felicitar e dar as gracias a todas aquelas persoas que formaron parte do grupo ó longo deste lustro, xa que todos eles contribuíron a escribir a historia desta agrupación.


Para conmemorar este cuarto de século de vida, celebrarase unha gala XXV Aniversario no Auditorio Municipal de Cangas o domingo 11 de outubro de 2009 (véspera do día do Pilar), a partir das 20:00 horas. Nela participarán, ademais das actuais formacións da Asociación, antigos compoñentes do grupo que se mostraron interesados en colaborar nesta gran festa que supón o XXV Aniversario.


Ó remate da Gala terá lugar unha cea para todas aquelas persoas que nalgún momento formaron parte do grupo ó longo destes 25 anos. É necesaria confirmación previa.


Ademais, a asociación gravará un disco ó longo deste ano.

En outubro arrincan as Escolas Retrouso 2009/2010

Nuns días, en outubro, dan comezo outravolta as Escolas Musicais Retrouso. Retrouso logra manter para o 2009/2010 a súa numerosa oferta de actividades, centradas na música tradicional, pero que abarcan tamén a formación en linguaxe musical e coral.


Os cambios máis salientables esta tempada son a incorporación de Rubén Bastón como responsable da área de iniciación de baile tradicional para nenas e nenos (martes á tarde) e de Tania García Ruibal, da iniciación de canto e pandeireta. Tamén, de xuntarse un número mínimo de alumnos, María Casaleiro estrearase como profesora de iniciación ao baile tradicional para adultos.

O plantel de profesores de Retrouso complétase co gaiteiro do Hío Cristóbal Prieto, como mestre de gaita; o tamborileiro vigués Alberto Costas, que é o responsable de percusión; a veciña de Beluso Teresa Pedrouso continúa a dar as clases de acordeón e solfa (linguaxe musical), Margarita Pérez e Débora Pena son as responsables das áreas de perfeccionamento de baile; e Carme Pereira continúa como directora do Coro de Cela.

Os horarios repártense de luns a sábado, con horarios máis temperáns para as actividades infantís (entre as 16 e as 19h) e máis adaptados ao horario laboral para as de adultos (a partir das 20h):

Luns: Coro ás 21h
Martes: Iniciación infantil de baile, iniciación adultos de canto, acordeón adultos.
Mércores: Acordeón nenos, solfa, iniciación adultos de baile, perfeccionamento adultos de baile
Xoves: percusión ás 20h
Venres: perfeccionamento infantil de baile, iniciación e perfeccionamento infantil de canto, perfeccionamento adultos de canto
Sábado: gaita, perfeccionamento adultos de baile.

Para apuntarse, os interesados poden achegarse ás clases, contactar con calquera membro da Asociación, ou chamar aos teléfonos 686 440 108 (Rubén) ou 647 607 467 (Débora).

Parapente cancelado

Ó final non pudo ser. Foi Esther quen estivo a falar cos que organizan o do parapente (creo que www.parapentemorrazo.es), o teléfono que teñen nunha pancarta baixando á praia de Lapamán.

Parece ser que ós organizadores se lles pasou a data, e que cando Esther os chamou o sábado eles estaban en Tui. Creo que lle dixeron algo así como "no habíamos quedado el miércoles?". Imaxínome a cara de cabreo de Esther despois de andar chamándo todos os días e xa ter pagado a metade do coste.
Como diría miña avoa "son uns cabesas tolas!" ;)

Fin de semana de praia (Lapamán, Udra, Covelo...) e tamén un par de noites ata as festas da Peregrina en Pontevedra. ¡Qué ben sentou que o luns fose festivo en Vigo!

Agora volta ó curro e a continuar disfrutando do verán! ;)