A semana pasada comecei a ir a
clases de portugués. Hai quen me preguntou
"por qué?" e a resposta é moi simple: é tan fácil aprendelo, nunca está demais e queda moi ben no currículum (unha mágoa non aprendelo!).
Teño escoitado moitos comentarios de xente que conseguiu o seu posto de traballo gracias a saber galego, simplemente por que o posto era de
"responsable para a Peninsula Iberica".
O curso está ofrecido polo
Centrolinguas da Universidade de Vigo en colaboración co
Instituto Camões de Vigo. 45horas lectivas, luns e mércores de 18.30 a 20.20 (dáme pra coller o barco jeje).
O curso en concreto é o "
Curso de portugués básico", un curso cuatrimestral, igual pro segundo cuatrimestre comezo o nivel intermedio ;)
2 comentarios:
Así que portugués eh! Iso está ben, porque logo intentamos falar galego cun portugués e non nos entende de todo xD
Ás veces tamén é pq non nos queren entender... alí non ensinan que o galego e o portugués son linguas irmáns pq veñen da mesma raiz.
E inda por riba, ocorre moitísimas veces que son eles os que tentan falar castelán (se lle da moito mellor a eles o dos idiomas xD)
Postar um comentário
Anímate a comentar, é gratis! ;)