Este
sábado 7 de novembro Retrouso organiza no centro de Bueu,
baixo carpa, a primeira
Foliada dos Cativos. Empezará ás
17.30h da tarde, ao lado da praza de abastos de Bueu.
Haberá
magosto popular e escenario con equipo de son aberto á libre participación.
Coa Foliada dos Cativos a idea é ofrecer un punto de encontro e unha oportunidade para que toquen e bailen os máis pequenos: que suban ao escenario, que fagan súa a festa, que vexan que outros rapaces e rapazas tamén tocan e bailan, que compartan os seus gustos.
Por suposto, o escenario tamén estará aberto para os adultos, pero dando prioridade aos máis novos, mentres comen unhas castañas.
O Concello de Bueu colabora coa iniciativa, inserida no marco das Festas de San Martiño.