twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)

Viaxe a Irlanda

O ano pasado fomos a Suiza (Laura quería voltar a onde ela naceu) e pasamos alí 15 días no verán visitando o máis importante. Pasámolo xenial e é unha visita moi recomendable (ver fotos).

Este ano tócame escoller a min destino. Dende hai moito tempo quero ir a Irlanda pasar uns días. Xa comezamos a ver voos e en nada mercaremos os billetes. Desta volta nos acompañan meu primo Dami e Silvia.

Seguramente imos voar con Aerlingus de Santiago a Dublín.
O que inda non sabemos é onde durmir, se cadra alquilamos unha caravana!
Xa temos visto prezos, por 1.000€ temos unha caravana pa 4 persoas durante 8 días mmmmm, non está mal!

Hai que aproveitar pra viaxar agora que podemos!! ;)

Me cagho na navidá!

Cagarse literalmente no nadal:


Nota: papel hixiénico regalo-broma do amigo invisible na festa de casa de Esther. Mercado en Pórtico.