twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)
Mostrando postagens com marcador viaxes. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador viaxes. Mostrar todas as postagens

Viaxe a Irlanda

O ano pasado fomos a Suiza (Laura quería voltar a onde ela naceu) e pasamos alí 15 días no verán visitando o máis importante. Pasámolo xenial e é unha visita moi recomendable (ver fotos).

Este ano tócame escoller a min destino. Dende hai moito tempo quero ir a Irlanda pasar uns días. Xa comezamos a ver voos e en nada mercaremos os billetes. Desta volta nos acompañan meu primo Dami e Silvia.

Seguramente imos voar con Aerlingus de Santiago a Dublín.
O que inda non sabemos é onde durmir, se cadra alquilamos unha caravana!
Xa temos visto prezos, por 1.000€ temos unha caravana pa 4 persoas durante 8 días mmmmm, non está mal!

Hai que aproveitar pra viaxar agora que podemos!! ;)

Fotos da viaxe ó norte da península

Aquí vos deixo unha pequena selección de fotos que fixemos polas terras do mar cantábrico.
Moitos kilómetros, pintxos a fartar e moitísima sorte co tempo (unha semana despois estaba nevando!).

Unha estupenda viaxe!

Viaxe polo norte da península


Voilá! Ese será o recorrido aproximado que faremos nesta ponte (de hoxe venres a martes 8).
1700km aprox, pouca cousa :P (clic na imaxe ou aquí pra ver o recorrido)


Durmiremos en Burgos, Gernika, Bilbao e Avilés e faremos visitas express ós puntos marcados no mapa. Por suposto, en Euskadi iremos de pintxos que por algo son famosos.

Esta é unha visita que me apetecía facer hai tempo, moitas viaxes polo extranxeiro pero a Península Ibérica está bastante olvidada. O que me queda pena é non pasar máis días en Asturies, pero iso xa pra outra escapada.

Á volta prometo subir algunha foto ;)

A Casa da Botica


Un bo fin de semana aproveitándonos do Outono Gastronómico.

A casa da botica e o persoal moi ben, moi amables. Máis ben parecía un pazo que unha casa do grande que era. E inda por riba tiña unha piscina cuberta!


Unha habitación doble, unha cea completa con productos da terra e o almorzo. Como vos comentaba, todo por só 100€.

O menú:
  • Entrantes
    Pementos do piquillo recheos de atún con mollo de leite de soia
    Variado de crocantes (de queixo, croquetas caseiras,…)
  • Primeiro Prato
    Revolto de grelos con gambas
    Champiñóns en bechamel
  • Segundo Prato
    Cabrito con améndoas con guarnición de verduras
    Bacallau ao forno en leito de pataca e cebola
  • Sobremesa
    Tiramisú con noces gratinadas
    Torta de chocolate acompañada de laranxa confitada
  • Bebidas
    Aghua e albariño de elaboración caseira
  • Outros
    Un par de tes e un Licor Café


Despois de que Laura fose ós examenes de oposicións á Xunta aproveitamos pra ir ata a Fervenza da Toxa. Moi chulo o paseo, lembrábame cando fora cos de Retrouso ;)


Tamén pasamos pola Feira do Moble de Galicia, mercamos un coxín masaxeador. Quen veña pola nosa casa xa o probará!

Novas fotos de Suiza

Fixen outra pequena recopilación de fotos que saquei en Suiza (aquí a primeira selección)
Simplemente fotos que me gustan ;)
Darlle a maximizar pra ver as descripcións.

¿Qué opinades?

Balneario de Monçao

Balneario-MonçaoDía libre!

Pedinlle un día a meu xefe pra levar a Laura ás termas de Monçao. Son do grupo Centros Tesal de reservasbienestar.com, que fai un tempo abriu un centro en Moaña.

A visita a Monçao estivo moi ben, unha cidade amurallada estilo da de Valença. Camiñando á veira do Miño dende o centro da cidade chegamos ata o Balneario.

Foi unha experiencia moi relaxante: varias piscinas, chorros golpeando a espalda, jacuzzi, tumbona dentro da auga con chorros relaxantes... e varios tipos de sauna!

Pero... era case igual ó centro de Moaña! (fomos cando tiñan a oferta 2x1 para o Club Termal) As instalacións eran moi parecidas, inda que as de Monçao estaban algo máis vellas e descoidadas (algunha ducha rota, azulexos afeuchados...).

Despois de comer en Monçao fomos ata a fortaleza de Valença e de ahí pra casiña.

Recomendación sobre as termas: se só queredes ir ás termas sen máis... ir ata Moaña. Sen embargo, se queredes dar un paseo e cambiar de aires dar un paseo pola outra veira do Miño non é mala idea :)

Paxariños confiados comendo pan

Estabamos en Berna (capital suiza), na praza que hai entre a catedral e o ría (aquí). Despois de dar unhas cantas voltas pola cidade paramos a descansar. Alí os paxaros achegábanse moi confiados, incluso che collían as migas da man. Por certo, ¿cómo se chaman estos paxariños marróns que hai en todos lados?

PD: non é o mesmo paxaro, son fotos tomadas en distintos momentos (a miña cámara non dá pa máis).

Corvos

Corvo-Pilatus
Unha foto tomada no monte Pilatus (2.132m), cerquiña de Lucerna. Os corvos voaban moi achegábanse moito á xente, ollo avizor piando polas migas de pan que deixabamos os turistas.

Este corvo estaba planeando, manténdose no aire riba das mesas onde a xente facía pic-nic. Moi curioso, nunca vira os corvos actuando como palomas...

Tirolina en Grindelwald First

Isto foi en Grindelwald, ó lado de Interlaken que foi onde reservamos o hostal. Subimos o 19 de xullo, un día bastante anubrado e algo chuvoso. Decidimos ir ata Grindelwald First, pois o tempo non permitía ir ata a cima (o turístico Jungfrau).

Alí montamos no First Flyer ou Zip Rider, unha especie de tirolina orixinaria dos USA.
O traxecto apenas dura uns 45 segundos, pero nese tempo recorres 765 metros a unha velocidade máxima de 84km/hora. E o peor: unha altura máxima de 45metros!

O precio rondaba os 40€ por persoa, uns 25€ co Swiss Pass. Acompañáronnos unhas amigas de Barcelona que fixemos alí. Aquí unhas fotos miñas e un vídeo que topei no youtube pra que vos fagades unha idea:

Instalacións do First Flyer:Tirolina pero sentados, nos facían levantar os pes e poñelos nas tiras negras que se ven... 3, 2, 1...A VOAAAR!!Os primeiros metros non se miraba un carallo, pero nuns segundos xa tiñas vistas de todo o val, casiñas, teléférico (á esquerda da foto). E finalmente a "pista de frenada".¿Para repetir? Se nos toca a lotería si jeje, non é tan barato. Agora barallamos a posibilidade de facer parapente aquí no Morrazo (¿si non? xa veremos).

Selección de Fotos de Suiza

Edito, taba probando dúas ferramentas pra presentar as fotos: Flickr e Picasa.
No de flickr deixei comentarios (para velos darlle a "ampliar pantalla " e "mostrar información"), por iso vos recomendo velo co de flickr.



Creo que podedes deixar comentarios nas fotos de flickr ;)

Viaxe a Suiza

lucernaE comezo este blog falando da viaxe que faremos Laura máis eu por Suiza.

Do 10 ó 26 de xullo: Basel, Lucerna (onde naceu ela), Interlaken, Zurich, Berna, Ginebra... Colleremos un bono de transporte de 15 días (230€ todos os transportes incluidos).

O venres 24 chegaremos a Barcelona e finalmente de volta o domingo 26.

En breve fotos da viaxe!