twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)
Mostrando postagens com marcador dia a dia. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador dia a dia. Mostrar todas as postagens

Extracción de moas do xuizo

Editado: xa tou operado, unha das moas tiveron que partirma e arrancarma por partes pq tiña moita raiz, menos mal que non tiña tanta como o da foto ;) Iso si, tou bastante inflao...

Despois dunha revisión en vitaldent alá por xuño dixéronme que tiña que extraer dúas moas do xuizo. Cobrábanme uns 140€ por moa, pero como a extracción de moas do xuizo é gratis na Seguridad Social...

O dentista que me atendeu en Cangas fíxo da miña boca unha carnicería. Colleu os seus aparellos e empezou a cortar e a tirar pra sacar a primeira moa. Resultou estar demasiado encaixada e me dixo que tiñan que abrirme e operarme.

Andiven ás voltas por Povisa pedindo citas e finalmente aproveitei a ocasióno pra quitar 3 moas porque así me libro que me den problemas no futuro. A restante moa do xuizo ma quitaran hai anos.

Un par de meses despois e con só unha semana de antelación avísanme de que me operan este mércores 2 de setembro. Alá vamos!

Iso si, anestesia completa. Non me apetecía sentir como me quitan as tres moas...

PD: aproveitarei pra facer dieta a partir do día 3. Coa cara hinchada e con tres hocos non creo que me apeteza comer moito... ;)