O mércores chegoume o meu segundo móbil doble, un clon do Nokia E71 (lembrades o primeiro?).
Ó igual que o anterior, con este móbil teño dúas tarxetas activas ó mesmo tempo (agora mesmo Vodafone e Yoigo), e o único que teño que facer para elexir con qué tarxeta quero chamar é pulsar o botón SIM-1 ou SIM-2. Tamén podo recibir chamadas e SMS a calquera dos dous á vez.
A maiores, este móvil ten WIFI, TV, radio, teclado QWERTY, xogos JAVA, dúas baterías,... completo, robusto e con boa traducción ó castelán (o outro o utilizaba en inglés).
O prezo: 94€ a través de ebay, viume directamente dende Hong Kong.
Se queredes máis información sobre os móbiles dobles vos aconsello este blog e foro:
www.MovilesDualSIM.com
www.ForoDualSIM.com
PD: sí, os administro eu ;)
Comeza a semana
Há um ano
2 comentarios:
E ti para que queres outro móbil? :P
Vaia, pois este parece bastante completiño!
Por certo, pásate a simyo, ajjajaja ;)
Xa, eu quería... pero como está Laura con Yoigo non podo :(
O que tería que deixar sería vodafone, pero pra chamadas largas non está tan mal.
A tele sobraba, pero mola pra fardar :P
Postar um comentário
Anímate a comentar, é gratis! ;)