twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)
Mostrando postagens com marcador curiosidades. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador curiosidades. Mostrar todas as postagens

Mapa de distribución de Apelidos

Tras un comentario de Patri descubrín unha aplicación do INE (Instituto Nacional de Estadística) que descoñecía. Resulta que de forma moi gráfica e sinxela podes ver canta xente hai no mundo cos teus apelidos.

Argallando un pouco din con que hai pouco máis de 7.000 persoas que, igual ca min, teñen como primeiro apelido "Mariño". Distribuénse por toda a Península, sendo máis abundantes na Coruña (2300) e en Pontevedra (2100).

O meu segundo apelido é moito menos frecuente. Arredor de 700 persoas teñen como primeiro apelido "Malvido", numero similar de xente que ten "Malvido" de segundo apelido. Destaca Pontevedra con máis de 500 rexistros (ver mapa).

O primeiro apelido de Laura sitúase polo medio, unhas 2000 persoas teñen o apelido "Tato". Tamén repartidos a maioría entre Pontevedra e Coruña. Mentres que o seu segundo apelido "Vidal" o usan máis de 70.000 persoas (11mil en Barcelona).

Ale, aquí vos deixo o enlace para quen teña tempo e curiosidade:
MAPA DE DISTRIBUCIÓN DOS APELIDOS

Me cagho na navidá!

Cagarse literalmente no nadal:


Nota: papel hixiénico regalo-broma do amigo invisible na festa de casa de Esther. Mercado en Pórtico.

Galicola: sabor para a tua lingua

galicola
A GALICOLA: Sabor para a túa lingua.

Inda que o poida parecer, non é unha montaxe.
Trátase da alternativa galega á Coca-Cola que comezou a distribuir unha empresa galega.

Polo que leín en Vieiros: "A iniciativa non ten carácter lucrativo, polo que todos os beneficios que se xeren, descontados os gastos de produción e distribución, irán para a asociacións que traballen a prol da normalización do galego. Ademais, o 5% dos ingresos brutos destinaranse a este fin a través dun “fondo polo galego”.

Unha alternativa moi interesante que se una ós muitos competidores "localistas" que ten a compañía norteamericana: Mecca Cola, Arab Cola, Breizh Cola... Ou a curiosa Coca Sek, creada pola comunidade indixena Nasa en Colombia, comercializada a finais de 2005 a bebida feita a base de follas de coca (prohibiron a súa distribución 2 anos despois...).

Máis información:
Galicola.org

PD: se queres vender Galicola no teu bar contacta con eles a través do correo: info@galicola.org

Curiosidades yankis...


Unha "mesa de pin pon - porta", algo pequecha... Ideal pra tempos mortos na oficina ;)


Mapa de McDonalds en Estados Unidos. Difícil non toparse con un cando se viaxa pola costa este...

Via
http://www.thedailygreen.com/weird-weather/blogs/submit/mcdonalds-map-50092509
http://www.franquiciasrss.com/blog/decoracion/mesa-puerta-de-ping-pong/

60 aniversario de comunismo en China

Acabo de ver estas impresionantes fotos. Moito prepararon este aniversario os chinos, ¿e se gastasen os cartos noutras cousas? Como moitos gobernos, eles tamén despilfarran en aparentar...

Aquí os miles de participantes na praza de Tiananmen (merece a pena ver todas as fotos):


Curiosidades

 Algunhas curiosidades que topei esta semana pola rede:

Ala, pa que vos entreteñades ;)

It's raining men

Que bestias! ¿Cómo se pode ser tan animal?



PD: conste que me fixo moitísima gracia :P

Via llamaloxblog

Paxariños confiados comendo pan

Estabamos en Berna (capital suiza), na praza que hai entre a catedral e o ría (aquí). Despois de dar unhas cantas voltas pola cidade paramos a descansar. Alí os paxaros achegábanse moi confiados, incluso che collían as migas da man. Por certo, ¿cómo se chaman estos paxariños marróns que hai en todos lados?

PD: non é o mesmo paxaro, son fotos tomadas en distintos momentos (a miña cámara non dá pa máis).

Salvando o mundo da Gran Gripe

Lido en Vieiros, un curioso xogo que propón xestionar unha suposta gripe no mundo, conseguino! Inda que morreron moitas persoas :(


Foi creado polo departamento de Viroloxía Erasmus, en Rotterdam. Ó parecer o obxetivo é que a xente coñeza as dificultades de controlar os virus.