twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)

Mapa de distribución de Apelidos

Tras un comentario de Patri descubrín unha aplicación do INE (Instituto Nacional de Estadística) que descoñecía. Resulta que de forma moi gráfica e sinxela podes ver canta xente hai no mundo cos teus apelidos.

Argallando un pouco din con que hai pouco máis de 7.000 persoas que, igual ca min, teñen como primeiro apelido "Mariño". Distribuénse por toda a Península, sendo máis abundantes na Coruña (2300) e en Pontevedra (2100).

O meu segundo apelido é moito menos frecuente. Arredor de 700 persoas teñen como primeiro apelido "Malvido", numero similar de xente que ten "Malvido" de segundo apelido. Destaca Pontevedra con máis de 500 rexistros (ver mapa).

O primeiro apelido de Laura sitúase polo medio, unhas 2000 persoas teñen o apelido "Tato". Tamén repartidos a maioría entre Pontevedra e Coruña. Mentres que o seu segundo apelido "Vidal" o usan máis de 70.000 persoas (11mil en Barcelona).

Ale, aquí vos deixo o enlace para quen teña tempo e curiosidade:
MAPA DE DISTRIBUCIÓN DOS APELIDOS

5 comentarios:

zegers disse...

¡Cómo mola! Os meus apelidos parece que son máis predominantes en Coruña, son de cepa galega aínda tengo un i grego xD

Breixo disse...

Xa che digo, sácanse datos curiosos de aquí! ;)
deses 40mil co teu apelido hai 10mil na Coruña e 5mil en Pontevedra, curioso!

paideleo disse...

Non puiden evitar falar disto no meu blogo...gustoume tanto !.

Breixo disse...

Alégrome que che gustase, pra iso o comparto ;)

Bea (Malvido jejeje) disse...

Eu son unha desas 700 que teñen Malvido de primeiro... Non sabía eu que se podía ver todo iso :)

Postar um comentário

Anímate a comentar, é gratis! ;)