twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)

Extracción de moas do xuizo

Editado: xa tou operado, unha das moas tiveron que partirma e arrancarma por partes pq tiña moita raiz, menos mal que non tiña tanta como o da foto ;) Iso si, tou bastante inflao...

Despois dunha revisión en vitaldent alá por xuño dixéronme que tiña que extraer dúas moas do xuizo. Cobrábanme uns 140€ por moa, pero como a extracción de moas do xuizo é gratis na Seguridad Social...

O dentista que me atendeu en Cangas fíxo da miña boca unha carnicería. Colleu os seus aparellos e empezou a cortar e a tirar pra sacar a primeira moa. Resultou estar demasiado encaixada e me dixo que tiñan que abrirme e operarme.

Andiven ás voltas por Povisa pedindo citas e finalmente aproveitei a ocasióno pra quitar 3 moas porque así me libro que me den problemas no futuro. A restante moa do xuizo ma quitaran hai anos.

Un par de meses despois e con só unha semana de antelación avísanme de que me operan este mércores 2 de setembro. Alá vamos!

Iso si, anestesia completa. Non me apetecía sentir como me quitan as tres moas...

PD: aproveitarei pra facer dieta a partir do día 3. Coa cara hinchada e con tres hocos non creo que me apeteza comer moito... ;)


3 comentarios:

zegers disse...

Eu pasei por iso, queda a cara ben bonita despois de quitarche as moas xDDDD Pero a lo menos a mín quitaron dunha en unha (só había que quitar dúas) e non 3 á vez!!!!
Envíoche ánimos pra que recuperes pronto. Pero con isto hai que ter paciencia. Nun par de semanas, como muito un mes, serás Breixo outra vez! digo... Castiñeiras! XD

Saudiños

Breixo disse...

Carallo! Dúas semanas ou un mes?? Espero recuperarme moito antes ;)

Inda non dou masticado, a ver se nun par de dias... ;)

zegers disse...

jajaja. En dúas semanas estarás case recuperado, nun mes non recordarás xa que é iso de que che quiten as moas ;)

Postar um comentário

Anímate a comentar, é gratis! ;)