twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)

Balneario de Monçao

Balneario-MonçaoDía libre!

Pedinlle un día a meu xefe pra levar a Laura ás termas de Monçao. Son do grupo Centros Tesal de reservasbienestar.com, que fai un tempo abriu un centro en Moaña.

A visita a Monçao estivo moi ben, unha cidade amurallada estilo da de Valença. Camiñando á veira do Miño dende o centro da cidade chegamos ata o Balneario.

Foi unha experiencia moi relaxante: varias piscinas, chorros golpeando a espalda, jacuzzi, tumbona dentro da auga con chorros relaxantes... e varios tipos de sauna!

Pero... era case igual ó centro de Moaña! (fomos cando tiñan a oferta 2x1 para o Club Termal) As instalacións eran moi parecidas, inda que as de Monçao estaban algo máis vellas e descoidadas (algunha ducha rota, azulexos afeuchados...).

Despois de comer en Monçao fomos ata a fortaleza de Valença e de ahí pra casiña.

Recomendación sobre as termas: se só queredes ir ás termas sen máis... ir ata Moaña. Sen embargo, se queredes dar un paseo e cambiar de aires dar un paseo pola outra veira do Miño non é mala idea :)

2 comentarios:

ali disse...

A verdade e que é moi chulo, eu estiven ahi xa fai un tempo (recordos moi bos, parece mentira as cousas que nos depara a vida,je!), pero a verdade e que non sabía que había unhas termas, de feito repeimos un día Ire, De, e máis eu despois de parar en salvaterra do miño e dar unha volta en bici polo paseo o redor do río, tamén volo recomendo está moi ben, inda nos votaramos unhas risas, veña biquiños e a seguir desfrutando.

Breixo disse...

Anotado! estabamos pensando en coller as bicis e non sabiamos onde ir, igual facemos esa ruta.
bikos!

Postar um comentário

Anímate a comentar, é gratis! ;)