Voilá! Ese será o recorrido aproximado que faremos nesta ponte (de hoxe venres a martes 8).
1700km aprox, pouca cousa :P (clic na imaxe ou aquí pra ver o recorrido)
Durmiremos en Burgos, Gernika, Bilbao e Avilés e faremos visitas express ós puntos marcados no mapa. Por suposto, en Euskadi iremos de pintxos que por algo son famosos.
Esta é unha visita que me apetecía facer hai tempo, moitas viaxes polo extranxeiro pero a Península Ibérica está bastante olvidada. O que me queda pena é non pasar máis días en Asturies, pero iso xa pra outra escapada.
Á volta prometo subir algunha foto ;)
Comeza a semana
Há um ano
3 comentarios:
Moito coidadiño na estrada, e a desfrutar desta ponte! Un bico ;)
Gracias! Xa merquei unha especie de cadenas po coche por se acaso ;)
Pasadeo ben tmn vos!
Disfrutade da viaxe Breixo =D
Seguro que volves coa cámara chea de fotos :)
¿E non pasades por Cangas de Onís? Hai que comparar as Cangas deste mundo xDDD
Boa viaxe!
Postar um comentário
Anímate a comentar, é gratis! ;)