twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)

Entradas pra concertos de balde

Un artigo pra o apartado "utilidades" pois falo de cómo conseguín entradas gratis pros concertos (e vos tamén podedes!).

auditorio-de-castrelosEste mércores Laura máis eu fomos a Castrelos escoitar a Fuxan os Ventos, grupo de folk que que popularizou temas como "Sementeira" ou "A Carolina". Levaba 20 anos sen tocar e agora volveron co espectáculo "Terra de soños".

Dúas semanas atrás Laura foi cunha amiga a ver o concerto, tamén en Castrelos, que daba "La Oreja de Van Gogh" (eu estaba enfermo, por iso non fun...).

Sei que en Castrelos se poden escoitar de balde os concertos estando na parte superior. Pero no entramos na zona de pago gratis. ¿Cómo?

Moi acertadamente, o Centro Cultural Caixanova abriu unha conta en Facebook promocionando a súa obra social. Pra que máis xente coñeza esta obra social están reunindo seguidores no seu grupo de Facebook. Unha das formas que teñen de conseguir que aumenten os seus seguidores é a través de sorteos, están sorteando entradas case todas as semanas e tan só hai que escribir un comentario para participar no concurso.

Ahí vos queda o consello se queredes concertos de balde ;)

PD: a man de Rubén anda detrás desta iniciativa.

0 comentarios:

Postar um comentário

Anímate a comentar, é gratis! ;)