twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)

Os beneficios do Kéfir

kefir-pontevedra-galiciaCos gránulos de kéfir e un pouco de leite se pode facer unha especie de yogur.
Non me vou parar en definir qué é? de onde ven? nin na preparación (xa hai moito en internet e na wiki jeje).

Dende hai anos meus pais o consumen, e eu de vez en cando tamén. Entre as súas propiedades consíguese unha maior resistencia ás enfermidades a partir dunha flora intestinal beneficiosa. É moi adecuado pra previr a osteoporosis. Por outra parte, é un producto moi nutritivo e un antibiótico natural pra previr infeccións, reforzando a inmunidade.

É moi útil pro tratamento do aparello dixestivo e comprobouse que o seu consumo reduce a presencia de elementos canceríxenos.

¿Queres KÉFIR? Decirmo que vos paso e vos digo cómo facer pra preparalo.
Saúde!


Máis info:

Balneario de Monçao

Balneario-MonçaoDía libre!

Pedinlle un día a meu xefe pra levar a Laura ás termas de Monçao. Son do grupo Centros Tesal de reservasbienestar.com, que fai un tempo abriu un centro en Moaña.

A visita a Monçao estivo moi ben, unha cidade amurallada estilo da de Valença. Camiñando á veira do Miño dende o centro da cidade chegamos ata o Balneario.

Foi unha experiencia moi relaxante: varias piscinas, chorros golpeando a espalda, jacuzzi, tumbona dentro da auga con chorros relaxantes... e varios tipos de sauna!

Pero... era case igual ó centro de Moaña! (fomos cando tiñan a oferta 2x1 para o Club Termal) As instalacións eran moi parecidas, inda que as de Monçao estaban algo máis vellas e descoidadas (algunha ducha rota, azulexos afeuchados...).

Despois de comer en Monçao fomos ata a fortaleza de Valença e de ahí pra casiña.

Recomendación sobre as termas: se só queredes ir ás termas sen máis... ir ata Moaña. Sen embargo, se queredes dar un paseo e cambiar de aires dar un paseo pola outra veira do Miño non é mala idea :)

Paxariños confiados comendo pan

Estabamos en Berna (capital suiza), na praza que hai entre a catedral e o ría (aquí). Despois de dar unhas cantas voltas pola cidade paramos a descansar. Alí os paxaros achegábanse moi confiados, incluso che collían as migas da man. Por certo, ¿cómo se chaman estos paxariños marróns que hai en todos lados?

PD: non é o mesmo paxaro, son fotos tomadas en distintos momentos (a miña cámara non dá pa máis).

Salvando o mundo da Gran Gripe

Lido en Vieiros, un curioso xogo que propón xestionar unha suposta gripe no mundo, conseguino! Inda que morreron moitas persoas :(


Foi creado polo departamento de Viroloxía Erasmus, en Rotterdam. Ó parecer o obxetivo é que a xente coñeza as dificultades de controlar os virus.

Parapente cancelado

Ó final non pudo ser. Foi Esther quen estivo a falar cos que organizan o do parapente (creo que www.parapentemorrazo.es), o teléfono que teñen nunha pancarta baixando á praia de Lapamán.

Parece ser que ós organizadores se lles pasou a data, e que cando Esther os chamou o sábado eles estaban en Tui. Creo que lle dixeron algo así como "no habíamos quedado el miércoles?". Imaxínome a cara de cabreo de Esther despois de andar chamándo todos os días e xa ter pagado a metade do coste.
Como diría miña avoa "son uns cabesas tolas!" ;)

Fin de semana de praia (Lapamán, Udra, Covelo...) e tamén un par de noites ata as festas da Peregrina en Pontevedra. ¡Qué ben sentou que o luns fose festivo en Vigo!

Agora volta ó curro e a continuar disfrutando do verán! ;)

Entradas pra concertos de balde

Un artigo pra o apartado "utilidades" pois falo de cómo conseguín entradas gratis pros concertos (e vos tamén podedes!).

auditorio-de-castrelosEste mércores Laura máis eu fomos a Castrelos escoitar a Fuxan os Ventos, grupo de folk que que popularizou temas como "Sementeira" ou "A Carolina". Levaba 20 anos sen tocar e agora volveron co espectáculo "Terra de soños".

Dúas semanas atrás Laura foi cunha amiga a ver o concerto, tamén en Castrelos, que daba "La Oreja de Van Gogh" (eu estaba enfermo, por iso non fun...).

Sei que en Castrelos se poden escoitar de balde os concertos estando na parte superior. Pero no entramos na zona de pago gratis. ¿Cómo?

Moi acertadamente, o Centro Cultural Caixanova abriu unha conta en Facebook promocionando a súa obra social. Pra que máis xente coñeza esta obra social están reunindo seguidores no seu grupo de Facebook. Unha das formas que teñen de conseguir que aumenten os seus seguidores é a través de sorteos, están sorteando entradas case todas as semanas e tan só hai que escribir un comentario para participar no concurso.

Ahí vos queda o consello se queredes concertos de balde ;)

PD: a man de Rubén anda detrás desta iniciativa.

Corvos

Corvo-Pilatus
Unha foto tomada no monte Pilatus (2.132m), cerquiña de Lucerna. Os corvos voaban moi achegábanse moito á xente, ollo avizor piando polas migas de pan que deixabamos os turistas.

Este corvo estaba planeando, manténdose no aire riba das mesas onde a xente facía pic-nic. Moi curioso, nunca vira os corvos actuando como palomas...

Tirolina en Grindelwald First

Isto foi en Grindelwald, ó lado de Interlaken que foi onde reservamos o hostal. Subimos o 19 de xullo, un día bastante anubrado e algo chuvoso. Decidimos ir ata Grindelwald First, pois o tempo non permitía ir ata a cima (o turístico Jungfrau).

Alí montamos no First Flyer ou Zip Rider, unha especie de tirolina orixinaria dos USA.
O traxecto apenas dura uns 45 segundos, pero nese tempo recorres 765 metros a unha velocidade máxima de 84km/hora. E o peor: unha altura máxima de 45metros!

O precio rondaba os 40€ por persoa, uns 25€ co Swiss Pass. Acompañáronnos unhas amigas de Barcelona que fixemos alí. Aquí unhas fotos miñas e un vídeo que topei no youtube pra que vos fagades unha idea:

Instalacións do First Flyer:Tirolina pero sentados, nos facían levantar os pes e poñelos nas tiras negras que se ven... 3, 2, 1...A VOAAAR!!Os primeiros metros non se miraba un carallo, pero nuns segundos xa tiñas vistas de todo o val, casiñas, teléférico (á esquerda da foto). E finalmente a "pista de frenada".¿Para repetir? Se nos toca a lotería si jeje, non é tan barato. Agora barallamos a posibilidade de facer parapente aquí no Morrazo (¿si non? xa veremos).

Selección de Fotos de Suiza

Edito, taba probando dúas ferramentas pra presentar as fotos: Flickr e Picasa.
No de flickr deixei comentarios (para velos darlle a "ampliar pantalla " e "mostrar información"), por iso vos recomendo velo co de flickr.



Creo que podedes deixar comentarios nas fotos de flickr ;)