twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)

Curiosidades

 Algunhas curiosidades que topei esta semana pola rede:

Ala, pa que vos entreteñades ;)

En outubro arrincan as Escolas Retrouso 2009/2010

Nuns días, en outubro, dan comezo outravolta as Escolas Musicais Retrouso. Retrouso logra manter para o 2009/2010 a súa numerosa oferta de actividades, centradas na música tradicional, pero que abarcan tamén a formación en linguaxe musical e coral.


Os cambios máis salientables esta tempada son a incorporación de Rubén Bastón como responsable da área de iniciación de baile tradicional para nenas e nenos (martes á tarde) e de Tania García Ruibal, da iniciación de canto e pandeireta. Tamén, de xuntarse un número mínimo de alumnos, María Casaleiro estrearase como profesora de iniciación ao baile tradicional para adultos.

O plantel de profesores de Retrouso complétase co gaiteiro do Hío Cristóbal Prieto, como mestre de gaita; o tamborileiro vigués Alberto Costas, que é o responsable de percusión; a veciña de Beluso Teresa Pedrouso continúa a dar as clases de acordeón e solfa (linguaxe musical), Margarita Pérez e Débora Pena son as responsables das áreas de perfeccionamento de baile; e Carme Pereira continúa como directora do Coro de Cela.

Os horarios repártense de luns a sábado, con horarios máis temperáns para as actividades infantís (entre as 16 e as 19h) e máis adaptados ao horario laboral para as de adultos (a partir das 20h):

Luns: Coro ás 21h
Martes: Iniciación infantil de baile, iniciación adultos de canto, acordeón adultos.
Mércores: Acordeón nenos, solfa, iniciación adultos de baile, perfeccionamento adultos de baile
Xoves: percusión ás 20h
Venres: perfeccionamento infantil de baile, iniciación e perfeccionamento infantil de canto, perfeccionamento adultos de canto
Sábado: gaita, perfeccionamento adultos de baile.

Para apuntarse, os interesados poden achegarse ás clases, contactar con calquera membro da Asociación, ou chamar aos teléfonos 686 440 108 (Rubén) ou 647 607 467 (Débora).

It's raining men

Que bestias! ¿Cómo se pode ser tan animal?



PD: conste que me fixo moitísima gracia :P

Via llamaloxblog

Lector de DNIe gratis

Isto pos que teñen un DNI dos novos e queren o seu lector...



Onte estiven lendo as preguntas frecuentes e parece que non hai trampa ningunha.
Regalar 300.000 lectores de DNIe entre o 1 de Outubro e finais de 2009.

Esta campaña pretende fomentar o uso do novo DNIe. Todos os lectores serán completamente gratuitos. As persoas que soliciten un lector deberán pagar soamente 2 € de gastos de envío (a forma de pago é por transferencia ou por PayPal).

Eu xa me anotei pra que me avisen, se o queredes anotarvos aquí: LECTOR DNIe GRATIS.

PD: non recibo comisións por anunciar isto (xa podían! jeje)

A Casa da Botica


Un bo fin de semana aproveitándonos do Outono Gastronómico.

A casa da botica e o persoal moi ben, moi amables. Máis ben parecía un pazo que unha casa do grande que era. E inda por riba tiña unha piscina cuberta!


Unha habitación doble, unha cea completa con productos da terra e o almorzo. Como vos comentaba, todo por só 100€.

O menú:
  • Entrantes
    Pementos do piquillo recheos de atún con mollo de leite de soia
    Variado de crocantes (de queixo, croquetas caseiras,…)
  • Primeiro Prato
    Revolto de grelos con gambas
    Champiñóns en bechamel
  • Segundo Prato
    Cabrito con améndoas con guarnición de verduras
    Bacallau ao forno en leito de pataca e cebola
  • Sobremesa
    Tiramisú con noces gratinadas
    Torta de chocolate acompañada de laranxa confitada
  • Bebidas
    Aghua e albariño de elaboración caseira
  • Outros
    Un par de tes e un Licor Café


Despois de que Laura fose ós examenes de oposicións á Xunta aproveitamos pra ir ata a Fervenza da Toxa. Moi chulo o paseo, lembrábame cando fora cos de Retrouso ;)


Tamén pasamos pola Feira do Moble de Galicia, mercamos un coxín masaxeador. Quen veña pola nosa casa xa o probará!

Outono Gastronomico: casas rural de Galicia a bo prezo

Para que despois digades que non informo de ofertas. Do 15 de setembro ao 15 de decembro de 2009 se celebra o 3º OUTONO GASTRONOMICO para promocionar as casas rurais de Galicia.

¿En qué consiste?
Hay varias ofertas, a máis interesante é o "Paquete Outono Gastronómico": comida + aloxamento + almorzo = 50€/persoa.



Hai máis de 100 casas dentro da promoción, moitas delas costa máis de 50€ só durmir...
Botádelle un ollo ós menús ;)



PD: aproveitando que Laura ten un examen de oposición en Silleda este domingo ás 10.30, o sábado durmiremos nunha casa rural d'A Estrada, así hai que madrugar menos pra chegar jeje.

Novas fotos de Suiza

Fixen outra pequena recopilación de fotos que saquei en Suiza (aquí a primeira selección)
Simplemente fotos que me gustan ;)
Darlle a maximizar pra ver as descripcións.

¿Qué opinades?

Sorteo dun móvil Dual SIM

Na páxina www.movilesdualsim.com está en marcha un sorteo no que regalan un móvil Dual SIM (móvil no que dúas tarxetas están operativas ó mesmo tempo).

O sorteo remata o día 15 de setembro e o gañador será o que coincida coa terminación da ONCE do día 16.

Aquí tendes todas as INSTRUCCIÓNS PARA PARTICIPAR.


PD: sí, eu son o friki que leva estas páxinas e creou o sorteo ;)

PD2: xa falara no antigo blog do meu móvil chino ;)

Extracción de moas do xuizo

Editado: xa tou operado, unha das moas tiveron que partirma e arrancarma por partes pq tiña moita raiz, menos mal que non tiña tanta como o da foto ;) Iso si, tou bastante inflao...

Despois dunha revisión en vitaldent alá por xuño dixéronme que tiña que extraer dúas moas do xuizo. Cobrábanme uns 140€ por moa, pero como a extracción de moas do xuizo é gratis na Seguridad Social...

O dentista que me atendeu en Cangas fíxo da miña boca unha carnicería. Colleu os seus aparellos e empezou a cortar e a tirar pra sacar a primeira moa. Resultou estar demasiado encaixada e me dixo que tiñan que abrirme e operarme.

Andiven ás voltas por Povisa pedindo citas e finalmente aproveitei a ocasióno pra quitar 3 moas porque así me libro que me den problemas no futuro. A restante moa do xuizo ma quitaran hai anos.

Un par de meses despois e con só unha semana de antelación avísanme de que me operan este mércores 2 de setembro. Alá vamos!

Iso si, anestesia completa. Non me apetecía sentir como me quitan as tres moas...

PD: aproveitarei pra facer dieta a partir do día 3. Coa cara hinchada e con tres hocos non creo que me apeteza comer moito... ;)