twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)

Meu novo netbook (Miniportal) Asus EeePC

Despois de moito tempo pensando e buscando un miniportatil para Laura, xa temos "gañador".
Ó final o escollido foi o Asus EeePC 1005PE (aquí unha completa review en inglés). Na foto está co seu irmán maior, o meu Dell Inspiron 9400 de 17" (frente as 10.1" do mini).

Os netbook son portátiles que non dan pra moito. O seu uso é moi básico e non son nada potentes. Pero para coller apuntes, navegar por internet e poder levar onde queiras están moi ben :)

Estas son as características (sacadas de redcoon) e os meus comentarios en negrita:
Características :
- Procesador: Intel Atom N450/ 1.6 GHz (novo procesador: comparativa)
- Memoria RAM: 1 GB (mellor 2GB, pero case nengún o tiña)
- Disco duro: 250GB, 5400 rpm (o normal é topalos con 160GB)
- Pantalla 10.1" TFT 1024 x 600 píxeles (WSVGA)
- Tarjeta gráfica: Intel GMA 950
- Cámara integrada 0.3 megapíxeles (mellor de 1.3mp, pero non creo que a use moito)
- Batería de 6 celdas Ion de litio (pon que dura ata 11h, inda que en realidade serán 8h que non está nada mal)

Sistema operativo :
- Microsoft Windows 7 Starter (seica vai mellor o XP, pero non topaba un bo netbook con el)

Conexiones de redes :
- Ethernet 10/100
- 802.11g

Interfaces :
- 3 x puertosUSB
- 1 x VGA
- 1 x auriculares
- 1 x micrófono

Dimensiones :
- 26,2 x 17,8 x 3,6 cm

Peso :
- 1,27 kg