twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)

De volta en casa

Hoxe ás 11 da mañá chegamos a estación de Vigo. Unha moi boa viaxe con sitios ós que seguro que voltaremos.

Traemos de Suiza:
  • Boas experiencias e curiosidades sobre Suiza
  • Máis de 1000 fotos (aquí poñerei unha selección)
  • Algúns souvenirs
  • Moito chocolate (por suposto!!)
En Suiza utilizamos o bono "Swiss Pass" que incluia durante os 15 días todo o transporte (trens, buses, barcos e descontos en funiculares e teleféricos). Se alguén ten pensado viaxar alí pode pedir consello ;)

Un saúdo!

Viaxe a Suiza

lucernaE comezo este blog falando da viaxe que faremos Laura máis eu por Suiza.

Do 10 ó 26 de xullo: Basel, Lucerna (onde naceu ela), Interlaken, Zurich, Berna, Ginebra... Colleremos un bono de transporte de 15 días (230€ todos os transportes incluidos).

O venres 24 chegaremos a Barcelona e finalmente de volta o domingo 26.

En breve fotos da viaxe!


¿Por qué Breikso?

- KS -

Breixo.blogspot.com está ocupado (inda que non o usan..).

Breikso: básicamente porque teño escoitado a moitísimos non galegos pronunciar o meu nome deste xeito. O x soando como ks, como éxito /éksito/, examen /eksamen/, Breixo /breikso/...

Incluso durante o tempo que estiven en Cardiff moitos leían o meu nome dese xeito, por muito que despois eu lle explicase que se pronunciaba como o seu "sh" Breixo /breisho/...

Se ó final decido continuar con este blog seguramente mercarei un dominio, tan só costan 6€/ano.

Benvida blogspot

Blogoteca: Unha ferramenta galega, gratuita e que serviu pra poder ir contando o que se me pasaba pola cabeza... pero como ven comenta Rubén, a blogoteca quedou estancada.

Non sabía se continuar cun blog ou deixalo de lado, ó final optei por "probar" a facelo en blogger e a ver que sae. Outros coma Milego cerraron o seu blog, quizá é o mellor :P

De qué falarei?
Do que me peta e cando me peta ;)
Será un estilo do blog de castinheiras, persoal pr@s amig@s e pra quen queira leerme.
Tratarei de ampliar a sección de "utilidades" que tiña creada; irei anunciando aquelas "oportunidades" (viaxes, escapadas, ofertas, actividades...) pra que poidades anotarvos; etc. etc.

Aquí vos espero!

Despedida da blogoteca

Adeus Blogoteca!castinheiras-castiñeiras-blog