Despois de tantos anos sendo a única alternativa, o
único barco de Cangas a Vigo ou Moaña, había moitas "malas prácticas" que os de
Naviera Mar de Ons seguían mantendo:
- Bonos dun mes que caducan
- Non se poden utilizar os domingos ou fins de semana
- Un billete de ida e volta tes que utilizalo no mesmo día
- etc.
Fai uns meses
suspendeu o servicio entre Moaña e Vigo ante a suposta falta de rendibilidade, todo ante múltiples
protestas e
mobilizacións.
A empresa
Nabia tomou o relevo desta liña, ocupando o lugar que deixou baleiro Mar de Ons. Pero Nabia non se quere quedar ahí, moi probablente tamén
Nabia ofrecerá o servicio entre Cangas e Vigo (
noticia no faro,
noticia na voz.
Ante estas noticias hoxe, ó renovar o meu bono de transporte, me informaron algúns cambios:
- Os bonos deixan de caducar.
- Pódense utilizar domingos e festivos
Nada como verlle as orellas ó lobo e que chegue a competencia pra que fagan melloras. Unha boa media, espero que continúen a ofrecer máis melloras, senon pronto perderán clientes fronte a nova naviera...
Foto dos barcos:
dipity