Moitos kilómetros, pintxos a fartar e moitísima sorte co tempo (unha semana despois estaba nevando!).
28/12/2009
Fotos da viaxe ó norte da península
Aquí vos deixo unha pequena selección de fotos que fixemos polas terras do mar cantábrico.
Moitos kilómetros, pintxos a fartar e moitísima sorte co tempo (unha semana despois estaba nevando!).
Unha estupenda viaxe!
Moitos kilómetros, pintxos a fartar e moitísima sorte co tempo (unha semana despois estaba nevando!).
04/12/2009
Viaxe polo norte da península
Voilá! Ese será o recorrido aproximado que faremos nesta ponte (de hoxe venres a martes 8).
1700km aprox, pouca cousa :P (clic na imaxe ou aquí pra ver o recorrido)
Durmiremos en Burgos, Gernika, Bilbao e Avilés e faremos visitas express ós puntos marcados no mapa. Por suposto, en Euskadi iremos de pintxos que por algo son famosos.
Esta é unha visita que me apetecía facer hai tempo, moitas viaxes polo extranxeiro pero a Península Ibérica está bastante olvidada. O que me queda pena é non pasar máis días en Asturies, pero iso xa pra outra escapada.
Á volta prometo subir algunha foto ;)

02/12/2009
Sorteo: regalo dun móbil dual sim
Como moitos de vos sabedes administro unha páxina sobre móviles dual sim. Nesta ocasión unha tenda contactou comigo para patrocinar o sorteo dun móbil.
Para participar só fan falta dúas cousas:
¿O mellor de todo? Que non será o único sorteo, xusto ó rematar este sorteo comezará outro patrocinado por outra tenda!
¿Por qué regalan móbiles? Home, a cousa está clara: eles fanse ver, reciben visitas e coa mesma venden algo máis (outra forma de facer publicidade). E eu encantado porque tamén aumento visitas e consigo que a miña web crezca algo máis ;)

27/11/2009
Ghaiteirada sideral o sábado
O sábado 28 de novembro, a partir das 22.00 horas na Tiradoura en Cangas hai un recital e foliada contra a violencia machista organizado por Adiante e as Redes Escarlata.
Se queredes participar, estaremos encantadas de que veñades.
Avisade a ghaiteira/os, pandereteira/os, bailadora/os e demais para que se arme unha boa!!!
Se queredes participar, estaremos encantadas de que veñades.
Avisade a ghaiteira/os, pandereteira/os, bailadora/os e demais para que se arme unha boa!!!
20/11/2009
Mañá concerto de Fito en Vigo
Mañá sábado concerto a iso das 20.30 no IFEVI (Vigo). Xa pillamos as entradas hai unhas semanas e alí estaremos.
Esperemos que non se lle vaia demasiado a mandíbula (que xa me teñen contado de amigos que o teñen visto en directo algo pasado...)
Esperemos que non se lle vaia demasiado a mandíbula (que xa me teñen contado de amigos que o teñen visto en directo algo pasado...)
13/11/2009
VIII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.
VIII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.
VIII Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.
O vindeiro sábado 14 de Novembro, festa rachada e convivencia astur-galaica no Retrouso de Samil (Vigo). Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras que nos botarán a beillar e a troulear deica o nacer do día.
          Programa.
-21,00h. Cea-confraternización a base de produtos do país (cumprido cocido galego, bo viño da terra, postre, café con “jotas e muiñeiras”...).
-23,30h. Actuación dos grupos de pandereteiras:
-Pandereteres de Nerbia (Salas ya Tinéu-Asturies).
-Tanxedoras do Pandeiro (Vigo-Galiza).
-Ao remate, festa rachada deica a alborada (cando menos!!).
          Inscricións para a cea.
-Enviar datos persoais (nome e apelidos, teléfono, e-mail de contacto) e xeito de pagamento elixido (en conta ou en man o propio día) antes do día 10 de Novembro ao enderezo electrónico:
          Prezos e pagamento.
-Cea máis concertos: 23 Euros.
-Só concertos (abónase na entrada): 3 Euros.
Máis información en xuntanza_transeu@hotmail.com, ou no teléfono 657 209 731 (Guillerme).
05/11/2009
Magosto e Foliada dos cativos en Bueu
Este sábado 7 de novembro Retrouso organiza no centro de Bueu, baixo carpa, a primeira Foliada dos Cativos. Empezará ás 17.30h da tarde, ao lado da praza de abastos de Bueu. 
Haberá magosto popular e escenario con equipo de son aberto á libre participación.
Coa Foliada dos Cativos a idea é ofrecer un punto de encontro e unha oportunidade para que toquen e bailen os máis pequenos: que suban ao escenario, que fagan súa a festa, que vexan que outros rapaces e rapazas tamén tocan e bailan, que compartan os seus gustos.
Por suposto, o escenario tamén estará aberto para os adultos, pero dando prioridade aos máis novos, mentres comen unhas castañas.
O Concello de Bueu colabora coa iniciativa, inserida no marco das Festas de San Martiño.

30/10/2009
Naviera Mar de Ons comeza a espabilar
Despois de tantos anos sendo a única alternativa, o único barco de Cangas a Vigo ou Moaña,  había moitas "malas prácticas" que os de Naviera Mar de Ons seguían mantendo:
A empresa Nabia tomou o relevo desta liña, ocupando o lugar que deixou baleiro Mar de Ons. Pero Nabia non se quere quedar ahí, moi probablente tamén Nabia ofrecerá o servicio entre Cangas e Vigo (noticia no faro, noticia na voz.
Ante estas noticias hoxe, ó renovar o meu bono de transporte, me informaron algúns cambios:
Foto dos barcos: dipity
- Bonos dun mes que caducan
 - Non se poden utilizar os domingos ou fins de semana 
 - Un billete de ida e volta tes que utilizalo no mesmo día
 - etc.
 
A empresa Nabia tomou o relevo desta liña, ocupando o lugar que deixou baleiro Mar de Ons. Pero Nabia non se quere quedar ahí, moi probablente tamén Nabia ofrecerá o servicio entre Cangas e Vigo (noticia no faro, noticia na voz.
Ante estas noticias hoxe, ó renovar o meu bono de transporte, me informaron algúns cambios:
- Os bonos deixan de caducar.
 - Pódense utilizar domingos e festivos
 
Foto dos barcos: dipity
24/10/2009
Xa teño telefono chino novo!
O mércores chegoume o meu segundo móbil doble, un clon do Nokia E71 (lembrades o primeiro?).
Ó igual que o anterior, con este móbil teño dúas tarxetas activas ó mesmo tempo (agora mesmo Vodafone e Yoigo), e o único que teño que facer para elexir con qué tarxeta quero chamar é pulsar o botón SIM-1 ou SIM-2. Tamén podo recibir chamadas e SMS a calquera dos dous á vez. 
A maiores, este móvil ten WIFI, TV, radio, teclado QWERTY, xogos JAVA, dúas baterías,... completo, robusto e con boa traducción ó castelán (o outro o utilizaba en inglés).
O prezo: 94€ a través de ebay, viume directamente dende Hong Kong.
Se queredes máis información sobre os móbiles dobles vos aconsello este blog e foro:
www.MovilesDualSIM.com
www.ForoDualSIM.com
PD: sí, os administro eu ;)

22/10/2009
Manda carallo! Que pasiensia de Carlos Callón e que "obxetividade" da TVG
Supostamente é unha entrevista na que o entrevistador Carlos Luis Rodriguez pregunta a Carlos Callón (presidente d'A Mesa). Sen embargo, trátase dunha clara agresión do entrevistador: non deixa falar a Callón, sesga as preguntas, córtao cando está a dar datos...
Por exemplo, empeza a entrevista falando da manifestación do aborto?? Parece máis un "cara a cara" que unha entrevista. Acaba de haber unha manifestación de entre 50.000 e 100.000 galegos a favor do uso do galego e o entrevistador pretende dicir que se manipulou a xente pra que fose como ó Ministro Caamaño.
PD: por certo, hai un grupo no Facebook que pide o cesamento do entrevistador Carlos Luis Rodriguez con máis de 750 usuarios.
Via Vieiros: Estupor na rede pola entrevista a Carlos Callón na TVG.

19/10/2009
Pizzas GRATIS
Hai pouco Pizza Móvil comezou unha campaña para introducirse nas redes sociais (Facebook e Twitter). Regalan unhas cantas pizzas gratis (entre 100 e 150) con só meterse no seu grupo de facebook e deixar un comentario.Se queredes unha pizza gratis só tendes que seguir as Bases da promoción:
É tan fácil como deixar unha mensaxe!
PD: aínda estades a tempo de conseguir pizzas gratis...
Éxito da manifestación "Queremos Galego"
 O domingo 18 de outubro entre 50.000 (cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas.
Os medios de comunicación públicos do noso país (a Radio Galega e maila Televisión de Galicia) non ofreceron unha información veraz que se axustase á realidade do verdadeiro impacto que tivo a mobilización, que contou cun resultado histórico en participación. Nese senso é preciso denunciar a obscena manipulación que por parte dos Servizos Informativos da TVG se quería levar a cabo, pretendendo iniciar unha conexión en directo coa manifestación, no momento xusto en que a primeira lectura do manifesto rematara, e as xentes que ateigaban a Praza da Quintana ían abandonándoa paulatinamente para permitir a entrada dos milleiros de persoas que inda non puideran entrar, e que agardaban nas Praza das Praterías e os seus arredores, e que finalmente encheron por segunda vez a Quintana. É evidente que a distorsión informativa tiña a intencionalidade de ofrecer unha imaxe minorizada dunha mobilización masiva, nun intento claro de manipulación que os milleiros de persoas presentes contestaron berrando, durante preto de dez minutos e con notábel indignación, a consigna "Televisión, manipulación", o que provocou que o equipo da TVG abandonase a praza.
Fronte a esa situación é preciso denunciar e difundir publicamente o acontecido, ao tempo que esixir que os medios de comunicación que pagamos todas e todos os galegos, deixen de ser un instrumento para a deformación interesada, cando non para a propaganda, en beneficio do Partido Popular no goberno do país.
Galerías de imaxes:
http://www.anosaterra.org/
http://www.anosaterra.org/
http://www.anosaterra.org/
http://www.anosaterra.org/
http://www.anosaterra.org/
http://www.anosaterra.org/
http://www.anosaterra.org/
http://www.anosaterra.org/
http://www.anosaterra.org/
http://www.anosaterra.org/
Via Blogues pola lingua e Queremos Galego
18/10/2009
Queremos Galego
O galego non é cousa de política. O galego é “a lingua propia de Galicia” (Art. 5 do Estatuto de Autonomía. ¿Por qué se engana dicindo que se impón o galego? ¿Acaso algún neno neste país non sabe castelán?
"Algúns están enganando os demais. Cando falan de "bilingüismo cordial" o que están a defender é o "monolingüismo cordial", isto é, que uns falen castelán e outros galego. Aquí os únicos que son bilingües son os galegofalantes. A día de hoxe non hai ninguén que fale galego que non saiba falar en castelán, mais non todos os que falan castelán saben falar galego. O que está claro é que cada un é moi libre de falar o que lle dea a gana. Isto non quita que haxa que facer un currículo escolar á carta dos pais".
por Adolfo de Abel Vilela (ex-membro da Alianza Popular, antigo PP).

13/10/2009
Centrolinguas

A semana pasada comecei a ir a clases de portugués. Hai quen me preguntou "por qué?" e a resposta é moi simple: é tan fácil aprendelo, nunca está demais e queda moi ben no currículum (unha mágoa non aprendelo!).
Teño escoitado moitos comentarios de xente que conseguiu o seu posto de traballo gracias a saber galego, simplemente por que o posto era de "responsable para a Peninsula Iberica".
O curso está ofrecido polo Centrolinguas da Universidade de Vigo en colaboración co Instituto Camões de Vigo. 45horas lectivas, luns e mércores de 18.30 a 20.20 (dáme pra coller o barco jeje).
O curso en concreto é o "Curso de portugués básico", un curso cuatrimestral, igual pro segundo cuatrimestre comezo o nivel intermedio ;)
10/10/2009
25 aniversario de Lembranzas da Ría
Mañá actuación, alí estarei pra beillar unha peza. Pero sobretodo pra pasalo ben na cea ;)
Texto de presentación Lembranzas da Ría:
No ano 2009 cúmprense 25 anos dende a creación da asociación cultural Lembranzas da Ría (1984-2009). Por este motivo, dende a Asociación quérese felicitar e dar as gracias a todas aquelas persoas que formaron parte do grupo ó longo deste lustro, xa que todos eles contribuíron a escribir a historia desta agrupación.
Para conmemorar este cuarto de século de vida, celebrarase unha gala XXV Aniversario no Auditorio Municipal de Cangas o domingo 11 de outubro de 2009 (véspera do día do Pilar), a partir das 20:00 horas. Nela participarán, ademais das actuais formacións da Asociación, antigos compoñentes do grupo que se mostraron interesados en colaborar nesta gran festa que supón o XXV Aniversario.
Ó remate da Gala terá lugar unha cea para todas aquelas persoas que nalgún momento formaron parte do grupo ó longo destes 25 anos. É necesaria confirmación previa.
Ademais, a asociación gravará un disco ó longo deste ano.

09/10/2009
Galicola: sabor para a tua lingua
A GALICOLA: Sabor para a túa lingua.
Inda que o poida parecer, non é unha montaxe.
Trátase da alternativa galega á Coca-Cola que comezou a distribuir unha empresa galega.
Polo que leín en Vieiros: "A iniciativa non ten carácter lucrativo, polo que todos os beneficios que se xeren, descontados os gastos de produción e distribución, irán para a asociacións que traballen a prol da normalización do galego. Ademais, o 5% dos ingresos brutos destinaranse a este fin a través dun “fondo polo galego”.
Unha alternativa moi interesante que se una ós muitos competidores "localistas" que ten a compañía norteamericana: Mecca Cola, Arab Cola, Breizh Cola... Ou a curiosa Coca Sek, creada pola comunidade indixena Nasa en Colombia, comercializada a finais de 2005 a bebida feita a base de follas de coca (prohibiron a súa distribución 2 anos despois...).
Máis información:
Galicola.org
PD: se queres vender Galicola no teu bar contacta con eles a través do correo: info@galicola.org

08/10/2009
Curiosidades yankis...
Unha "mesa de pin pon - porta", algo pequecha... Ideal pra tempos mortos na oficina ;)
Mapa de McDonalds en Estados Unidos. Difícil non toparse con un cando se viaxa pola costa este...
Via
http://www.thedailygreen.com/weird-weather/blogs/submit/mcdonalds-map-50092509
http://www.franquiciasrss.com/blog/decoracion/mesa-puerta-de-ping-pong/

05/10/2009
Spotify: música de balde online
Spotify é unha aplicación que permite escoitar música online ó instante: Buscas o artista que queiras escoitar e xa está! Podes buscar grupos, listas que outra xente comparte,...A versión principal é gratuita, co inconvinte de ter publicidade sonora cada certo tempo (como mini cuñas de radio). Ata hai unha semana só podías entrar por invitación, pero agora xa se pode rexistrar quen queira.
Algúns puntos a favor que comentan no blog genbeta:
PD: edito, ó parecer sí fai falta invitación. Se queredes unha pedirma ;)
- El catálogo. EMI, Universal, Sony BMG, Warner Music; las cuatro grandes discografías y otras más pequeñas han dejado su catálogo disponible, y no solo de música anglosajona, sino también de artistas españoles y de todo el mundo. Además está bien organizado, con páginas para grupos, álbumes, recopilatorios, etc… Una gozada.
 
- La búsqueda. Es muy buena, prácticamente igual de eficiente que la de iTunes. Gracias a ella el catálogo se puede disfrutar mucho mejor. Aunque no se vea a simple vista, podemos filtrar por género, año, artista…
 
- Las funciones sociales. Si lo configuras en las preferencias, puede enviar las canciones que reproduzcas a tu perfil de last.fm. También incluye biografías de los artistas, por si te aburres. Y en la pantalla inicial podrás ver los artistas que puede que te gusten, junto a varios Top Ten de las canciones/álbums/artistas más reproducidos.
 
02/10/2009
60 aniversario de comunismo en China
Acabo de ver estas impresionantes fotos. Moito prepararon este aniversario os chinos, ¿e se gastasen os cartos noutras cousas? Como moitos gobernos, eles tamén despilfarran en aparentar...
Aquí os miles de participantes na praza de Tiananmen (merece a pena ver todas as fotos):
Aquí os miles de participantes na praza de Tiananmen (merece a pena ver todas as fotos):
30/09/2009
Curiosidades
 Algunhas curiosidades que topei esta semana pola rede:- Un barco que fabrica nubes
 - As 10 peores citas da biblia  (aquí orixinal):
"Non permito que unha muller ensine ou teña autoridade sobre un home, deben estar caladas" (1 Timoteo 2:12)
"Golpear Amalek y destruir todo lo que tienen. No dispersarlos, sino matar a hombres y mujeres, jóvenes y niños, ..." (1 Samuel 15:3)
...
 - O Xacobeo Galicia logrou gañar a clasificación por equipos na Volta a España
 - Cangas a piques de quedar sen tripartito
 
28/09/2009
En outubro arrincan as Escolas Retrouso 2009/2010
Nuns días, en outubro, dan comezo outravolta as Escolas Musicais Retrouso. Retrouso logra manter para o 2009/2010 a súa numerosa oferta de actividades, centradas na música tradicional, pero que abarcan tamén a formación en linguaxe musical e coral.
Os cambios máis salientables esta tempada son a incorporación de Rubén Bastón como responsable da área de iniciación de baile tradicional para nenas e nenos (martes á tarde) e de Tania García Ruibal, da iniciación de canto e pandeireta. Tamén, de xuntarse un número mínimo de alumnos, María Casaleiro estrearase como profesora de iniciación ao baile tradicional para adultos.
O plantel de profesores de Retrouso complétase co gaiteiro do Hío Cristóbal Prieto, como mestre de gaita; o tamborileiro vigués Alberto Costas, que é o responsable de percusión; a veciña de Beluso Teresa Pedrouso continúa a dar as clases de acordeón e solfa (linguaxe musical), Margarita Pérez e Débora Pena son as responsables das áreas de perfeccionamento de baile; e Carme Pereira continúa como directora do Coro de Cela.
Os horarios repártense de luns a sábado, con horarios máis temperáns para as actividades infantís (entre as 16 e as 19h) e máis adaptados ao horario laboral para as de adultos (a partir das 20h):
Luns: Coro ás 21h
Martes: Iniciación infantil de baile, iniciación adultos de canto, acordeón adultos.
Mércores: Acordeón nenos, solfa, iniciación adultos de baile, perfeccionamento adultos de baile
Xoves: percusión ás 20h
Venres: perfeccionamento infantil de baile, iniciación e perfeccionamento infantil de canto, perfeccionamento adultos de canto
Sábado: gaita, perfeccionamento adultos de baile.
Para apuntarse, os interesados poden achegarse ás clases, contactar con calquera membro da Asociación, ou chamar aos teléfonos 686 440 108 (Rubén) ou 647 607 467 (Débora).

25/09/2009
It's raining men
Que bestias! ¿Cómo se pode ser tan animal?
PD: conste que me fixo moitísima gracia :P
Via llamaloxblog
PD: conste que me fixo moitísima gracia :P
Via llamaloxblog
23/09/2009
Lector de DNIe gratis
Isto pos que teñen un DNI dos novos e queren o seu lector...
Onte estiven lendo as preguntas frecuentes e parece que non hai trampa ningunha.
Regalar 300.000 lectores de DNIe entre o 1 de Outubro e finais de 2009.
Esta campaña pretende fomentar o uso do novo DNIe. Todos os lectores serán completamente gratuitos. As persoas que soliciten un lector deberán pagar soamente 2 € de gastos de envío (a forma de pago é por transferencia ou por PayPal).
Eu xa me anotei pra que me avisen, se o queredes anotarvos aquí: LECTOR DNIe GRATIS.
PD: non recibo comisións por anunciar isto (xa podían! jeje)

21/09/2009
A Casa da Botica
Un bo fin de semana aproveitándonos do Outono Gastronómico.
A casa da botica e o persoal moi ben, moi amables. Máis ben parecía un pazo que unha casa do grande que era. E inda por riba tiña unha piscina cuberta!
Unha habitación doble, unha cea completa con productos da terra e o almorzo. Como vos comentaba, todo por só 100€.
O menú:
Despois de que Laura fose ós examenes de oposicións á Xunta aproveitamos pra ir ata a Fervenza da Toxa. Moi chulo o paseo, lembrábame cando fora cos de Retrouso ;)
Tamén pasamos pola Feira do Moble de Galicia, mercamos un coxín masaxeador. Quen veña pola nosa casa xa o probará!

- Entrantes
Pementos do piquillo recheos de atún con mollo de leite de soia
Variado de crocantes (de queixo, croquetas caseiras,…)
 - Primeiro Prato
Revolto de grelos con gambas
Champiñóns en bechamel
 - Segundo Prato
Cabrito con améndoas con guarnición de verduras
Bacallau ao forno en leito de pataca e cebola
 - Sobremesa
Tiramisú con noces gratinadas
Torta de chocolate acompañada de laranxa confitada
 - Bebidas
Aghua e albariño de elaboración caseira
 - Outros
Un par de tes e un Licor Café 
Despois de que Laura fose ós examenes de oposicións á Xunta aproveitamos pra ir ata a Fervenza da Toxa. Moi chulo o paseo, lembrábame cando fora cos de Retrouso ;)
Tamén pasamos pola Feira do Moble de Galicia, mercamos un coxín masaxeador. Quen veña pola nosa casa xa o probará!
17/09/2009
Outono Gastronomico: casas rural de Galicia a bo prezo
Para que despois digades que non informo de ofertas. Do 15 de setembro ao 15 de decembro de 2009 se celebra o 3º OUTONO GASTRONOMICO para promocionar as casas rurais de Galicia.
¿En qué consiste?
Hay varias ofertas, a máis interesante é o "Paquete Outono Gastronómico": comida + aloxamento + almorzo = 50€/persoa.
Hai máis de 100 casas dentro da promoción, moitas delas costa máis de 50€ só durmir...
Botádelle un ollo ós menús ;)
PD: aproveitando que Laura ten un examen de oposición en Silleda este domingo ás 10.30, o sábado durmiremos nunha casa rural d'A Estrada, así hai que madrugar menos pra chegar jeje.

11/09/2009
Novas fotos de Suiza
Fixen outra pequena recopilación de fotos que saquei en Suiza (aquí a primeira selección)
Simplemente fotos que me gustan ;)
Darlle a maximizar
 pra ver as descripcións.
¿Qué opinades?
Simplemente fotos que me gustan ;)
Darlle a maximizar
 pra ver as descripcións.¿Qué opinades?
06/09/2009
Sorteo dun móvil Dual SIM
Na páxina www.movilesdualsim.com está en marcha un sorteo no que regalan un móvil Dual SIM (móvil no que dúas tarxetas están operativas ó mesmo tempo).O sorteo remata o día 15 de setembro e o gañador será o que coincida coa terminación da ONCE do día 16.
Aquí tendes todas as INSTRUCCIÓNS PARA PARTICIPAR.
PD: sí, eu son o friki que leva estas páxinas e creou o sorteo ;)
PD2: xa falara no antigo blog do meu móvil chino ;)
02/09/2009
Extracción de moas do xuizo
Editado: xa tou operado, unha das moas tiveron que partirma e arrancarma por partes pq tiña moita raiz, menos mal que non tiña tanta como o da foto ;) Iso si, tou bastante inflao...Despois dunha revisión en vitaldent alá por xuño dixéronme que tiña que extraer dúas moas do xuizo. Cobrábanme uns 140€ por moa, pero como a extracción de moas do xuizo é gratis na Seguridad Social...
O dentista que me atendeu en Cangas fíxo da miña boca unha carnicería. Colleu os seus aparellos e empezou a cortar e a tirar pra sacar a primeira moa. Resultou estar demasiado encaixada e me dixo que tiñan que abrirme e operarme.
Andiven ás voltas por Povisa pedindo citas e finalmente aproveitei a ocasióno pra quitar 3 moas porque así me libro que me den problemas no futuro. A restante moa do xuizo ma quitaran hai anos.
Un par de meses despois e con só unha semana de antelación avísanme de que me operan este mércores 2 de setembro. Alá vamos!
Iso si, anestesia completa. Non me apetecía sentir como me quitan as tres moas...
PD: aproveitarei pra facer dieta a partir do día 3. Coa cara hinchada e con tres hocos non creo que me apeteza comer moito... ;)
31/08/2009
Os beneficios do Kéfir
Cos gránulos de kéfir e un pouco de leite se pode facer unha especie de yogur.Non me vou parar en definir qué é? de onde ven? nin na preparación (xa hai moito en internet e na wiki jeje).
Dende hai anos meus pais o consumen, e eu de vez en cando tamén. Entre as súas propiedades consíguese unha maior resistencia ás enfermidades a partir dunha flora intestinal beneficiosa. É moi adecuado pra previr a osteoporosis. Por outra parte, é un producto moi nutritivo e un antibiótico natural pra previr infeccións, reforzando a inmunidade.
É moi útil pro tratamento do aparello dixestivo e comprobouse que o seu consumo reduce a presencia de elementos canceríxenos.
¿Queres KÉFIR? Decirmo que vos paso e vos digo cómo facer pra preparalo.
Saúde!
Máis info:
24/08/2009
Balneario de Monçao
Día libre! Pedinlle un día a meu xefe pra levar a Laura ás termas de Monçao. Son do grupo Centros Tesal de reservasbienestar.com, que fai un tempo abriu un centro en Moaña.
A visita a Monçao estivo moi ben, unha cidade amurallada estilo da de Valença. Camiñando á veira do Miño dende o centro da cidade chegamos ata o Balneario.
Foi unha experiencia moi relaxante: varias piscinas, chorros golpeando a espalda, jacuzzi, tumbona dentro da auga con chorros relaxantes... e varios tipos de sauna!
Pero... era case igual ó centro de Moaña! (fomos cando tiñan a oferta 2x1 para o Club Termal) As instalacións eran moi parecidas, inda que as de Monçao estaban algo máis vellas e descoidadas (algunha ducha rota, azulexos afeuchados...).
Despois de comer en Monçao fomos ata a fortaleza de Valença e de ahí pra casiña.
Recomendación sobre as termas: se só queredes ir ás termas sen máis... ir ata Moaña. Sen embargo, se queredes dar un paseo e cambiar de aires dar un paseo pola outra veira do Miño non é mala idea :)
19/08/2009
Paxariños confiados comendo pan

Estabamos en Berna (capital suiza), na praza que hai entre a catedral e o ría (aquí). Despois de dar unhas cantas voltas pola cidade paramos a descansar. Alí os paxaros achegábanse moi confiados, incluso che collían as migas da man. Por certo, ¿cómo se chaman estos paxariños marróns que hai en todos lados?PD: non é o mesmo paxaro, son fotos tomadas en distintos momentos (a miña cámara non dá pa máis).
Salvando o mundo da Gran Gripe
Lido en Vieiros, un curioso xogo que propón xestionar unha suposta gripe no mundo, conseguino! Inda que morreron moitas persoas :(

Foi creado polo departamento de Viroloxía Erasmus, en Rotterdam. Ó parecer o obxetivo é que a xente coñeza as dificultades de controlar os virus.

Foi creado polo departamento de Viroloxía Erasmus, en Rotterdam. Ó parecer o obxetivo é que a xente coñeza as dificultades de controlar os virus.
18/08/2009
Parapente cancelado
Parece ser que ós organizadores se lles pasou a data, e que cando Esther os chamou o sábado eles estaban en Tui. Creo que lle dixeron algo así como "no habíamos quedado el miércoles?". Imaxínome a cara de cabreo de Esther despois de andar chamándo todos os días e xa ter pagado a metade do coste.
Como diría miña avoa "son uns cabesas tolas!" ;)
Fin de semana de praia (Lapamán, Udra, Covelo...) e tamén un par de noites ata as festas da Peregrina en Pontevedra. ¡Qué ben sentou que o luns fose festivo en Vigo!
Agora volta ó curro e a continuar disfrutando do verán! ;)
14/08/2009
Entradas pra concertos de balde
Un artigo pra o apartado "utilidades" pois falo de cómo conseguín entradas gratis pros concertos (e vos tamén podedes!).
Este mércores Laura máis eu fomos a Castrelos escoitar a Fuxan os Ventos, grupo de folk que  que popularizou temas como "Sementeira" ou "A Carolina". Levaba 20 anos sen tocar e agora volveron co espectáculo "Terra de soños".
Dúas semanas atrás Laura foi cunha amiga a ver o concerto, tamén en Castrelos, que daba "La Oreja de Van Gogh" (eu estaba enfermo, por iso non fun...).
Sei que en Castrelos se poden escoitar de balde os concertos estando na parte superior. Pero no entramos na zona de pago gratis. ¿Cómo?
Moi acertadamente, o Centro Cultural Caixanova abriu unha conta en Facebook promocionando a súa obra social. Pra que máis xente coñeza esta obra social están reunindo seguidores no seu grupo de Facebook. Unha das formas que teñen de conseguir que aumenten os seus seguidores é a través de sorteos, están sorteando entradas case todas as semanas e tan só hai que escribir un comentario para participar no concurso.
Ahí vos queda o consello se queredes concertos de balde ;)
PD: a man de Rubén anda detrás desta iniciativa.

07/08/2009
Corvos
Unha foto tomada no monte Pilatus (2.132m), cerquiña de Lucerna. Os corvos voaban moi achegábanse moito á xente, ollo avizor piando polas migas de pan que deixabamos os turistas.
Este corvo estaba planeando, manténdose no aire riba das mesas onde a xente facía pic-nic. Moi curioso, nunca vira os corvos actuando como palomas...
Este corvo estaba planeando, manténdose no aire riba das mesas onde a xente facía pic-nic. Moi curioso, nunca vira os corvos actuando como palomas...
05/08/2009
Tirolina en Grindelwald First
Isto foi en Grindelwald, ó lado de Interlaken que foi onde reservamos o hostal. Subimos o 19 de xullo, un día bastante anubrado e algo chuvoso. Decidimos ir ata Grindelwald First, pois o tempo non permitía ir ata a cima (o turístico Jungfrau).
Alí montamos no First Flyer ou Zip Rider, unha especie de tirolina orixinaria dos USA.
O traxecto apenas dura uns 45 segundos, pero nese tempo recorres 765 metros a unha velocidade máxima de 84km/hora. E o peor: unha altura máxima de 45metros!

O precio rondaba os 40€ por persoa, uns 25€ co Swiss Pass. Acompañáronnos unhas amigas de Barcelona que fixemos alí. Aquí unhas fotos miñas e un vídeo que topei no youtube pra que vos fagades unha idea:
Instalacións do First Flyer:
Tirolina pero sentados, nos facían levantar os pes e poñelos nas tiras negras que se ven... 3, 2, 1...
A VOAAAR!!
Os primeiros metros non se miraba un carallo, pero nuns segundos xa tiñas vistas de todo o val, casiñas, teléférico (á esquerda da foto). E finalmente a "pista de frenada".
¿Para repetir? Se nos toca a lotería si jeje, non é tan barato. Agora barallamos a posibilidade de facer parapente aquí no Morrazo (¿si non? xa veremos).
Instalacións do First Flyer:
Tirolina pero sentados, nos facían levantar os pes e poñelos nas tiras negras que se ven... 3, 2, 1...
A VOAAAR!!
Os primeiros metros non se miraba un carallo, pero nuns segundos xa tiñas vistas de todo o val, casiñas, teléférico (á esquerda da foto). E finalmente a "pista de frenada".
¿Para repetir? Se nos toca a lotería si jeje, non é tan barato. Agora barallamos a posibilidade de facer parapente aquí no Morrazo (¿si non? xa veremos).01/08/2009
Selección de Fotos de Suiza
Edito, taba probando dúas ferramentas pra presentar as fotos: Flickr e Picasa.
No de flickr deixei comentarios (para velos darlle a "ampliar pantalla
" e "mostrar información"), por iso vos recomendo velo co de flickr.
Creo que podedes deixar comentarios nas fotos de flickr ;)
No de flickr deixei comentarios (para velos darlle a "ampliar pantalla
" e "mostrar información"), por iso vos recomendo velo co de flickr.Creo que podedes deixar comentarios nas fotos de flickr ;)
26/07/2009
De volta en casa
Hoxe ás 11 da mañá chegamos a estación de Vigo. Unha moi boa viaxe con sitios ós que seguro que voltaremos.Traemos de Suiza:
- Boas experiencias e curiosidades sobre Suiza
 - Máis de 1000 fotos (aquí poñerei unha selección)
 - Algúns souvenirs
 - Moito chocolate (por suposto!!)
 
Un saúdo!