twitter
    Sígueme no Twitter, o micro blog para vagos ;)

Fotos da viaxe ó norte da península

Aquí vos deixo unha pequena selección de fotos que fixemos polas terras do mar cantábrico.
Moitos kilómetros, pintxos a fartar e moitísima sorte co tempo (unha semana despois estaba nevando!).

Unha estupenda viaxe!

Viaxe polo norte da península


Voilá! Ese será o recorrido aproximado que faremos nesta ponte (de hoxe venres a martes 8).
1700km aprox, pouca cousa :P (clic na imaxe ou aquí pra ver o recorrido)


Durmiremos en Burgos, Gernika, Bilbao e Avilés e faremos visitas express ós puntos marcados no mapa. Por suposto, en Euskadi iremos de pintxos que por algo son famosos.

Esta é unha visita que me apetecía facer hai tempo, moitas viaxes polo extranxeiro pero a Península Ibérica está bastante olvidada. O que me queda pena é non pasar máis días en Asturies, pero iso xa pra outra escapada.

Á volta prometo subir algunha foto ;)

Sorteo: regalo dun móbil dual sim

sorteo dual sim
Como moitos de vos sabedes administro unha páxina sobre móviles dual sim. Nesta ocasión unha tenda contactou comigo para patrocinar o sorteo dun móbil.

Para participar só fan falta dúas cousas:
  1. Contestar este formulario
  2. Deixar unha mensaxe neste fio do foro
¿O mellor de todo? Que non será o único sorteo, xusto ó rematar este sorteo comezará outro patrocinado por outra tenda!
¿Por qué regalan móbiles? Home, a cousa está clara: eles fanse ver, reciben visitas e coa mesma venden algo máis (outra forma de facer publicidade). E eu encantado porque tamén aumento visitas e consigo que a miña web crezca algo máis ;)